Co libro "La vuelta al mundo de un forro polar rojo",premio ao mellor libro xuvenil de divulgación científica en Alemaña, pensamos facer unha viaxe polo mundo e así investigar as similitudes e diferenzas tanto económicas como sociais dos distintos países onde imos parando.
Comezamos nunha plataforma petrolífera de Dubai, un dos países máis ricos do mundo, aquí o petroleiro Madrás cargará o cru para tomar rumbo a Chittagong o maior porto de Bangladés.
E a vós que cousas vos chamaron máis a atención deste inicio da viaxe?