miércoles, 13 de junio de 2012

Cambiar o mundo

Cuentos para cambiar el mundo é o título do libro de José Luis Gallego co que estamos a traballlar nestes últimos días do curso.


Sempre pensamos que os grandes problemas medioambientais que padecemos  non son responsabilidade nosa, que as únicas causantes son as grandes empresas que contaminan. Pero, soamente cambiando algúns hábitos na nosa vida cotiá, poderemos facer que o noso entorno estea menos contaminado, un pouco máis limpo. Algo tan sinxelo como reciclar as bolsas de plástico, non coller o coche innecesariamete, non deixar as luces prendidas..., poderían dar resultados espectaculares.


Con  relatos breves, cada un sobre un tema diferente, o autor vai demostrándonos como a nosa participación activa é moi importante, como eses  pequenos xestos cívicos poden "cambiar el mundo".


E ti? Que fas para cambiar o mundo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario